A accesibilidade nos sitios web da Administración Pública ten carácter legal:
Ademais debemos observar o dereito que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen para acceder á información en igualdade de condicións.
Hai unha alta porcentaxe de persoas que sofren algún tipo de discapacidade que pode dificultar o seu acceso a Internet.
O portal da Universidade de Vigo foi deseñado e programado seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI (Web Accesibility Initiative), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.
Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas pola Universidade de Vigo podemos mencionar as seguintes:
Tamén temos dispoñibles atallos de teclado para o acceso directo a ligazóns específicas, o seu funcionamento é diferente segundo o sistema operativo e os navegadores
Teclas numéricas:
A información existente no portal da Universidade de Vigo é ampla, extensa e complexa. Migráronse moitos contidos do anterior portal ao actual.
Validouse que os contidos existentes no portal www.uvigo.es son conformes ao nivel AA das directrices marcadas no consorcio WC3 ("Word Wide Web Consortium").
De todos os xeitos, se nalgunha das páxinas do novo portal da Universidade de Vigo atopa algún elemento que non cumpre co estipulado, por favor, comuníqueo cubrindo o seguinte formulario.