Barbosa Pereira, Letricia

Letricia Barbosa Pereira

Licenciada en Ciencias Farmacéuticas na Facultade de Farmacia pola Universidade de Oporto (2007). Estudante de Doutoramento no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía na Facultade de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (data de lectura de tese: decembro de 2013) e Investigadora no Departamento de Enxeñaría Química da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo dende 2012. Colaboradora en proxectos de investigación con diversas empresas e inventora de 1 patente en colaboración co Grupo San Miguel, fábricas cerveza y malta, S.A. Ao longo da súa carreira investigadora publicou 6 artigos internacionais en revistas SCI, presentou 20 comunicacións a congresos e participou en proxectos autonómicos e nacionais.
 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal