Vecino Bello, Xanel

Xanel Vecino Bello

Licenciada en Química (2009) pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou o Mestrado Universitario de Química Avanzada (2010) na Universidade de Santiago de Compostela e o Mestrado de Enxeñaría Química (2013) na Universidade de Vigo. Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo con Mención Internacional (2014). Actualmente, é Investigadora Postdoutoral do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo. Realizou estadías de investigación no Departamento de Enxeñaría Química e Biomédica na Universidade do Sur de Florida (USA, 2012 e 2013), así como no epartamento de Biotecnoloxía da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Noruega (2014). Ao longo da súa carreira investigadora publicou 18 artigos internacionais en revistas SCI, 3 capítulos de libro, presentou 46 comunicacións a congresos e participou en proxectos autonómicos e nacionais. Ademáis, é inventora de 4 patentes. Paralelamente á súa labor investigadora, impartiu docencia na Escola de Enxeñaría Industrial, como parte do equipo docente do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo.
 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal