Moldes Menduiña, Ana Belén

Ana Belén Moldes Menduiña

Profesora Contratada Doutora

Teléfono: 986812022

Enderezo electrónico: amoldes@uvigo.es

Profesora Contratada Doutora do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo. Doutorouse, con premio extraordinario, por esta universidade no ano 2000 e posteriormente incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela a través do programa “Juan de la Cierva” e reincorporouse á Universidade de Vigo no ano 2006 cun contrato do programa “Ramón y Cajal”. Realizou estadías de investigación na USDA en Madison-Wisconsin (USA) e no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidad do Minho, en Braga-Portugal. Ao longo da súa carreira investigadora participou en máis de 20 proxectos de investigación, sendo investigadora principal de 2 Proxectos de Investigación do Plan Nacional de I+D. Publicou máis de 75 artigos internacionais en revistas SCI. Ten un índice H de 19, é coautora de 1 patente, ten publicados 4 capítulos de libros e presentou máis de 80 comunicacións a congresos. Foi codirectora de 3 Teses Doutorais, e ten recoñecidos 2 sexenios de investigación e 2 quinquenios docentes.

 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal