Cruz Freire, Jose Manuel

Foto

Profesor Titular de Ingeniería Química

Teléfono: 986812022

Enderezo electrónico: jmcruz@uvigo.es

Profesor Titular do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, con 2 sexenios de investigación e 2 quinquenios docentes. Doutorouse, con premio extraordinario, por esta universidade no ano 2000 e posteriormente incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela a través do prestixioso programa nacional de recursos humanos “Ramón y Cajal”. Realizou estadías de investigación na USDA en Madison-Wisconsin (USA) e no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidade do Minho, en Braga-Portugal. Ao longo da súa carreira investigadora participou en máis de 25 proxectos de investigación, ten publicados máis de 75 artigos internacionais en revistas SCI, estando máis do 75% dos mesmos no primeiro terzo do seu epígrafe, no JCR. Ten un índice H de 21, é coautor de 2 patentes, ten publicados 5 capítulos de libros e presentou máis de 100 comunicacións a congresos.

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal