Integrantes

Foto

Profesor Titular de Ingeniería Química



Profesor Titular do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, con 2 sexenios de investigación e 2 quinquenios docentes. Doutorouse, con premio extraordinario, por esta universidade no ano 2000 e posteriormente incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela a través do prestixioso programa nacional de recursos humanos “Ramón y Cajal”. Realizou estadías de investigación na USDA en Madison-Wisconsin (USA) e no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidade do Minho, en Braga-Portugal. Ao longo da súa carreira investigadora participou en máis de 25 proxectos de investigación, ten publicados máis de 75 artigos internacionais en revistas SCI, estando máis do 75% dos mesmos no primeiro terzo do seu epígrafe, no JCR. Ten un índice H de 21, é coautor de 2 patentes, ten publicados 5 capítulos de libros e presentou máis de 100 comunicacións a congresos.

Ana Belén Moldes Menduiña

Profesora Contratada Doutora



Profesora Contratada Doutora do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo. Doutorouse, con premio extraordinario, por esta universidade no ano 2000 e posteriormente incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela a través do programa “Juan de la Cierva” e reincorporouse á Universidade de Vigo no ano 2006 cun contrato do programa “Ramón y Cajal”. Realizou estadías de investigación na USDA en Madison-Wisconsin (USA) e no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidad do Minho, en Braga-Portugal. Ao longo da súa carreira investigadora participou en máis de 20 proxectos de investigación, sendo investigadora principal de 2 Proxectos de Investigación do Plan Nacional de I+D. Publicou máis de 75 artigos internacionais en revistas SCI. Ten un índice H de 19, é coautora de 1 patente, ten publicados 4 capítulos de libros e presentou máis de 80 comunicacións a congresos. Foi codirectora de 3 Teses Doutorais, e ten recoñecidos 2 sexenios de investigación e 2 quinquenios docentes.

 

Xanel Vecino Bello

Licenciada en Química (2009) pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou o Mestrado Universitario de Química Avanzada (2010) na Universidade de Santiago de Compostela e o Mestrado de Enxeñaría Química (2013) na Universidade de Vigo. Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo con Mención Internacional (2014). Actualmente, é Investigadora Postdoutoral do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo. Realizou estadías de investigación no Departamento de Enxeñaría Química e Biomédica na Universidade do Sur de Florida (USA, 2012 e 2013), así como no epartamento de Biotecnoloxía da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Noruega (2014). Ao longo da súa carreira investigadora publicou 18 artigos internacionais en revistas SCI, 3 capítulos de libro, presentou 46 comunicacións a congresos e participou en proxectos autonómicos e nacionais. Ademáis, é inventora de 4 patentes. Paralelamente á súa labor investigadora, impartiu docencia na Escola de Enxeñaría Industrial, como parte do equipo docente do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo.
 

Letricia Barbosa Pereira

Licenciada en Ciencias Farmacéuticas na Facultade de Farmacia pola Universidade de Oporto (2007). Estudante de Doutoramento no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía na Facultade de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (data de lectura de tese: decembro de 2013) e Investigadora no Departamento de Enxeñaría Química da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo dende 2012. Colaboradora en proxectos de investigación con diversas empresas e inventora de 1 patente en colaboración co Grupo San Miguel, fábricas cerveza y malta, S.A. Ao longo da súa carreira investigadora publicou 6 artigos internacionais en revistas SCI, presentou 20 comunicacións a congresos e participou en proxectos autonómicos e nacionais.
 

María Pérez Ameneiro

Enxeñeira Técnica Industrial na área de Química Industrial (2007), Enxeñeira Industrial na área de Instalacións e Construción (2012), e Mestrado Universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais (2011), pola Universidade de Vigo. Estudante de Doutoramento no Departamento de Enxeñaría Química da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Durante a súa etapa predoutoral publicou 2 artigos internacionais en revistas SCI, presentou 4 comunicacións a congresos e participou en proxectos autonómicos.

 
Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal